ESPIÑEIRA NAS ONDAS MARIÑAS
Hoxe presentamos un podcast realizado polo alumnado de educación infantil e relacionado co proxecto "Do mar nace o azul da vida". Está dividido en tres bloques: • O primeiro, sobre biodiversidade mariña, con algúns datos curiosos. • O segundo, arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e das 3 “R”: reducir, reutilizar e reciclar. • E o último, dedicado a algunhas profesións vinculadas ao mar. Subide o volume e sintonizade coa “Cativada da Espiñeira”. Achegamos tamén o Rap do Fondo Mariño, agardamos que vos guste!

