BERNARDINO GRAÑA "O POETA DO MAR"

 Bernardino Graña, poeta, dramaturgo e novelista, naceu en Cangas e morreu en Nigrán. Durante a súa vida sempre estivo preto do mar, o cal deixou unha fonda pegada na súa obra. Desde o colexio de Espiñeira quixemos render homenaxe ao coñecido "Poeta do mar".

O alumnado de 5º e 6º recitan algúns dos seus poemas relacionados co mar e expoñen a súa biografía.

Ademais ofrecemos unha versión máis divertida e entrañable deste autor cangués cos contos para nenas e nenos de Bernardino: "A raposa cor de mel" e "O corvo que andou de pato".


Comentarios

Publicacións populares