OBRADOIRO DE RADIO NA BIBLIO

A semana pasada o alumnado de 4º a 6º gozamos dun obradoiro impartido polos xornalistas de RadioVoz Loreto Silvoso e Pablo Portabales. Como ben sabemos, a radio fomenta o traballo en equipo, a creatividade e expresión oral, así como a lectura e escritura.

O curso pasado montamos a nosa canle, polo que a formación baseouse  no “estilo” do locutor/a.  É dicir, a través dunha serie de exercicios prácticos moi divertidos, os nenos e nenas tiveron a oportunidade de improvisar, vocalizar, aprender trucos para non trabarse e ata como quentar a voz antes de entrar en directo. 

Máis tarde montaron a súa propia intervención tendo en conta o traballado anteriormente. 































Comentarios

Publicacións populares